O profesor Isidro Dubert participa nas II Xornadas Pacegas: “SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo” (maio, 2022)
Co gaio da celebración do día Mundial dos Museos, o vindeiro mércores 18 de maio de 2022 o profesor Isidro Dubert, participará nas II Xornadas Pacegas, “SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo”, organizadas pola Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo no Pazo de Tor, cunha conferencia titulada “Os traballos das criadas e dos criados na Galiza do Antigo Réxime”.
No curso da mesma, explicarase aos asistentes diferentes aspectos sobre á formación dos mercados de traballo do servizo doméstico, á xerarquía laboral interna imperante no oficio, a procedencia social e xeográfica de criados e criadas, os niveis de vida dos que gozaban grazas ao seus traballo e diferentes aspectos da súa vida cotiá.
Máís informacións: https://comunidadermpl.es/ii-xornadas-pacegas-soterradas-a-vida-tralos-mantelos-da-fortaleza-ao-pazo/