O profesor Isidro Dubert participa no XIII Congreso da Asociación de Demografía Española (Barcelona, 2022)
O profesor Isidro Dubert, catedrático de Historia Moderna e membro do GIHM, participa no XIII congreso da Asociación de Demografia Española, celebrado en Barcelona entre os días 6 e 9 de setembro de 2022. No curso do mesmo, o mércores día 7 de setembro, procederá á presentación ante os especialistas alí reunidos do libro editado en colaboración con Antía Péraz-Caramés, Invasion migratoria y envejecimiento demográfico: dos mitos contemporáneos (La Catarata, Madrid 2021). Asemade, exporá a comunicación “A vulnerabilidade vital e social do servizo doméstico na Galiza urbana do século XIX” no marco da sesión 22: “As desigualdades en saúde”. En tanto que o xoves día 8 de setembro, moderará aos poñentes da mesa número 25, dedicada ao estudo da Mobilidade, da suburbanización e da segregación urbana.