Ir ao contido principal

O profesor Isidro Dubert participará nas XX Xornadas de Historia do Traballo (TIG & REHT)

Os vindeiros días 29 e 30 de xuño de 2023, o profesor Isidro Dubert participará nas XX Xornadas de Historia do Traballo, que se celebrarán na Facultat de Geografia e Història da Universitat de Barcelona e que están organizadas polo TIG (Treball, Institucions i Genre – Grup de Recerca d’Història del Treball) e a REHT (Rede Española de Historia do Traballo).

O profesor Dubert, que forma parte do comité científico do encontro, será o moderador da sesión 2, ademais de presentar os resultados das súas pescudas na sesión 3.

O desenvolvemento das xornadas está centrado no estudo de determinados aspectos da historia do servizo doméstico, cunha ollada ao acontecido no sur de Europa, en xeral, e na Península Ibérica, en particular. O período cronolóxico elixido, 1750-1950, coincide co avance da urbanización e o desenvolvemento de cambios económicos que transformaron a estrutura ocupacional das sociedades europeas.

As xornadas pretenden avanzar no coñecemento do funcionamento do mercado laboral do servizo doméstico (composición, funcionamento, peso na estrutura ocupacional), nas consecuencias económicas derivadas do exercicio do oficio (niveis salariais, apoio á subsistencia familiar, formación do patrimonio prenupcial, etc.). etc.), ou nos aspectos laborais (explotación, precariedade, etc.) e sociais (mobilidade laboral e social, comportamentos modernos, etc.) vinculados ao seu paso por el.

Con este obxectivo, os asistentes presentarán os resultados da súas respectivas investigacións en catro grandes sesións temáticas:

  1. Traballadoras do fogar en perspectiva histórica.
  2. Servizo doméstico en institucións.
  3.  Os criados rurais, traballadores domésticos ou traballadores do rural?
  4.  Traballos e funcións do servizo doméstico.

 

Máis información: http://www.ub.edu/tig/storage/app/media/Jornades/XX%20Jornades/diptic-xx-jornades.pdf

 

Descargar adxunto