Ir ao contido principal

O último libro de Ofelia Rey será obxeto de análise nun seminario da EHESS (París, Francia)

                                                 

O acreditado historiador Bernard Vincent impartirá unha conferencia titulada “Discusión do libro de Ofelia Rey Castelao, Mujeres y migraciones en la Edad Moderna, Santiago de Compostela, Universidade, 2021”. O acto terá lugar na École des Hautes Études en Sciences Sociales (Paris, France) –Centre de Colloques, Cours des humanités 93300 Aubervilliers–, o 31 de marzo de 2022, entre as 16.30 e as 18.30 horas, dentro do Seminario Historia moderna e contemporánea das Españas: debates e investigacións actuais, dirixida por Jean Fréderic Schaub e polo propio Bernard Vincent. A reunión pódese seguir de forma remota, premendo na seguinte ligazón: https://bbb.ehess.fr/b/jul-q5a-lcz-a5d 

                                 El vuelo corto: Mujeres y migraciones en la Edad Moderna : Rey Castelao,  Ofelia: Amazon.es: Libros