Ir ao contido principal

Obradoiro de Historia Moderna

OHM: Obradoiro de Historia Moderna é unha revista anual destinada a ampliar e difundir o coñecemento científico no terreo da historia moderna. A revista publica traballos e investigación orixinais en galego, castelán, inglés e francés sobre temas de actual relevancia tras ser sometidos á pertinente avaliación cega por pares anónimos.

OHM aparece indexada en Historical Abstracts, Historical Abstracts with Full Text, Scopus (aceptada en decembro de 2012), Fuente Académica Premier, Current Abstracts, TOC Premier, (ISOC), ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC, e está presente no 66,66% das universidades españolas coa titulación (28/42).  A Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP) categorízaa como revista A.

No índice RESH, OHM é a revista española de maior impacto científico na área de historia moderna e a segunda na área de historia moderna e contemporánea. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.