Ir ao contido principal

Ofelia Rey Castelao e Francisco Cebreiro Ares interveñen no Instituto de Estudos Avanzados (University College London)

Ofelia Rey Castelao, Francisco Cebreiro Ares e Daniel Mena Acevedo, membros do Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), participan no simposio internacional “Beloved Enemy. United Kingdom and Spain in the 18th century”, organizado polo Institute of Advanced Studies (IAS), University College London. A catedrática da USC analizará os libros ingleses na España do século XVIII, mentres que o investigador posdoutoral falará sobre as perpectivas do Banco de San Carlos durante a guerra anglo-española (1796-1802).  Asemade, Daniel Mena Acevedo, bolseiro predoutoral vinculado ao GIHM, tamén defenderá unha comunicación sobre a influencia inglesa na cultura material das elites galegas. O encontro, organizado por Manuel Reyes García Hurtado, terá lugar os días 24 e 25 de febreiro de 2020.

Programa (descargar en adxunto)

Descargar adxunto