Ir ao contido principal

Ofelia Rey Castelao impartirá unha conferencia no Club Faro de Vigo

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación Historia Moderna, vai impartir unha conferencia no Club Faro de Vigo o luns 6 de febreiro ás 20 horas. A especialista da USC, recentemente gañadora do Premio Nacional de Historia de España 2022, vai falar sobre as mulleres e as migracións na Idade Moderna. O encontro terá lugar de xeito presencial no salón de actos de actos do MARCO,  na rúa Príncipe, nº 54 (Vigo). Presentará o evento a profesora María López Díaz, catedrática da Universidade de Vigo.