Ofelia Rey Castelao participará no encontro “Territorialicer les espaces modernes” en Florencia

Villa Finaly, institución ligada á Universidade da Sorbona en Florencia (Italia), será o escenario onde terá lugar o encontro científico “Territorialicer les espaces modernes” o día 01 e 02 de outubro de 2019. Nesta reunión científica, na que intervirán diferentes especialistas, participará Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM (USC), como coordinadora do mesmo xunto a Gregorio Salinero (La Sorbonne).