Ofelia Rey Castelao participará no XIV Colóquio Raízes Medievais do Brasil Moderno: A Viagem

Ofelia Rey Castelao, profesora de Historia Moderna e membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna”, participará na actividade XIV Colóquio Raízes Medievais do Brasil Moderno: Un Viagem. Este encontro científico, que terá lugar entre o 04 e o 06 de novembro de 2019, é unha actividade promovida pola Academia Portuguesa da Historia, a Casa Museu de Monção e o Instituto de Ciencias Sociais da Universidade do Minho. A profesora Ofelia Rey Catelao abordará a ponencia “Galicia e os galegos nas viaxes atlánticas no período da primeira volta ao mundo” o día 05 de novembro no 7º panel (15h30m – 16h10m).
PROGRAMA (Descargar en adxunto)