Ofelia Rey Castelao será a encargada de impartir a lección inaugural da Universidade de Cantabria

Don Ángel Pazos Carro, Reitor Magnifico da Universidade de Cantabria, tivo a ben elixir a dona Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia e membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna”, para dar a lección inaugural do curso 2019/2020. O tema da disertación será “El reto de romper un techo de cristal en el siglo XXI. Mujeres y Ciencias Humanas en el sistema académico y científico español”. A data elixida para este acontecemento foi o día 27 de setembro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade de Cantabria. No encontro, que estará amenizado pola Coral da Universidade de Cantabria, tamén participarán a doutora Sonia Castañedo e o catedrático Tomás Mantecón, entre outros. Ao acto van acudir as principais autoridades da universidade, así como as do goberno cántabro, presididas polo Excelentísimo Señor Don Miguel Ángel Revilla Roiz, de xeito que se espera unha ampla asistencia de público.