Ofelia Rey e Camilo Fernández participan nas XI Xornadas sobre marxinación e asistencia social na historia (setembro, 2021)

Ofelia Rey Castelao e Camilo Fernández Cortizo, profesores de Historia e membros do GIHM, participan nas XI Xornadas sobre marxinación e asistencia social na historia que, nesta ocasión, se ocupan de reflexionar sobre o Clero e a sociedade no noroeste da Península Ibérica (s. XV-XXI). A reunión científica, organizada pola Universidade de León, terá lugar os días 23 e 24 de setembro de 2021 na Facultade de Filosofía y Letras (UNILEON). O relatorio da catedrática Ofelia Rey leva por título Monxes e frades en conflito na Galicia moderna: a actividade xudicial. Na mesma liña, o profesor Camilo Fernández falará na súa intervención sobre Os monxes e as monxas da orde beneditina no tránsito do século XV ao XVI: reforma e resistencias. As devanditas charlas realizaranse na sesión da mañá do xoves 23 de setembro.
Máis informacións: http://fgulem.unileon.es/euniversitaria/curso.aspx?id=2221