Ir ao contido principal

Ofelia Rey impartirá un seminario na Universitat de Girona

Ofelia Rey Castelao, profesora de Historia Moderna e membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna”, participará no Seminario de Historia Rural dedicado a Josep Fontana da Universidade de Xirona. Este encontro, que se configura nun ciclo de conferencias entre outubro de 2019 e xaneiro de 2020, pretende abordar distintos temas vinculados a historia rural peninsular. O seminario a cargo da profesora da USC realizarase o 15 de novembro de 2019 e leva por título “Actividades comerciais e industriais das mulleres do noroeste Ibérico no século XVIII”. Esta charla pretende visualizar o importante papel que tiveron as galegas no eido económico nunha Galicia marcada pola emigración. 

Descargar adxunto