Ofelia Rey participa nun seminario no bd Raspail (EHESS, Paris)

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación en Historia Moderna (GI-1921) da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá un seminario na EHESS o 18 de novembro de 2022, de 15:00 a 17:30 horas. A exposición da especialista da USC leva por título: Les femmes des communautés maritimes espagnoles à la fin des temps modernes: famille, travail, migrations. A actividade científica forma parte dos ciclos do SEMINARIO UE666 – Familles: alianzas, transmisión, reprodución sociale, territoires XVIIIe-XXe siècle, baixo a dirección de Fabrice Boudjaaba, directeur de recherche, CNRS. A reunión terá lugar na sala AS1_23, 54 bd Raspail 75006 París.