Ir ao contido principal

Ofelia Rey participará na XIV Xornada de Castela-A Mancha sobre Investigación de Arquivos

Ofelia Rey Castelao, profesora de Historia Moderna e membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna”, participará no XIV Xornada de Castela-A Mancha sobre Investigación de Arquivos. Este encontro, que se  realizará entre o 26 e o 29 de novembro, no Arquivo Provincial de Guadalaxara, está adicado á historia das mulleres nesta convocatoria. Ofelia Rey intervirá co relatorio “Nunca invisibles: fontes e métodos para o estudo das actividades femininas en Galicia. Séculos XVII-XIX. As xornadas pretenden contribuír a mirar e pensar o mundo en feminino, unindo os intereses da profesión de arquivo e investigación que, desde os seus diferentes campos de acción, insisten en visualizar ás mulleres e darlles voz. O diálogo entre ambas partes é fundamental para identificar, localizar, contextualizar, analizar e interpretar testemuños (documentais, orais, fotográficos, etc.) femininos que mantiveron (ou destruíron), e que na actualidade constitúen un patrimonio incalculable que non se pode e non se debe esquecer, e iso abre a posibilidade de explorar e percorrer novas rutas.

Programa (adxunto)

Descargar adxunto