Ofelia Rey participará no XIII Seminario de Investigación sobre Historia, Gobernanza e Cultura Política da Cidade Moderna (UC, 2022)
A Universidade de Cantabria acollerá os vindeiros días 4 e 5 de maio o XIII Seminario de Investigación sobre Historia, Gobernanza e Cultura Política da Cidade Moderna. Esta actividade está coordinada polas profesoras Marina Torres Arce e Susana Truchuelo García, da Universidade de Cantabria. Ofelia Rey Castelao, profesora de Historia e membro do GIHM da USC, participará no encontro coa ponencia, “Da resistencia á violencia. Mulleres na rúa nunha vila portuaria (Ferrol, 1810)”, que terá lugar o 5 de maio ás 12 horas. Ademais da opción presencial, o encontro pode seguirse de xeito remoto. Para acceder, fai clic no código QR do programa.