Ir ao contido principal

Os profesores Domingo Luis González Lopo e Fernando Suárez Golán coordinan unha sesión no IX Congreso da AISU

O IX CONGRESSO AISU, “LA CITTA' GLOBALE: La condizione urbana come fenomeno pervasivo”, terá lugar este ano na cidade de Bolonia (Italia). Os profesores Domingo Luis González Lopo e Fernando Suárez Golán coordinan a sesión “Le relazioni città-campagna: tra ordine e conflito (1500-1850)”, que terá lugar na mañá do sábado 14 de setembro. Nesta sesión, ademais dos coordinadores, participarán os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo Rodríguez Lemos e Tamara González Lopez.
Para máis información, consulte a páxina web do congreso: http://www.storiaurbana.org/index.php/it/congressi/bologna-2019