Participación de Isidro Dubert no Congreso do ADEH

O profesor Isidro Dubert, membro do Grupo de Investigacion de Historia Moderna, participa na sesion 50 – Intereses, tendencias e paradoxos nas políticas de poboación, do XII Congreso da ADEH que se esta a celebrar en Porto entre os dias 4 ao 7 de setembro de 2019.
Na súa aportación expicará aos asistentes as implicacións historiográficas e sociais que se derivan da relectura que se está a facer da historia demográfica de Galicia, a raíz do recente desembarco do natalismo no panorama académico, social e cultural galego. A estratexia dese desembarco, difusión, penetración e difusión do natalismo tamén serán explicadas aos asistentes.