Participación do profesor Isidro Dubert no curso do Centre d’Estudis Demogràfics de Barcelona
O mencionado curso desenvolverase entre os días 8 e 17 de xullo na sé do Centre, situado no campus de Bellaterra da Universidade Autónoma de Barcelona (https://ced.uab.cat/es/seminaris-i-activitats/curso-de-verano-metodos-de-investigacion-en-demografia-historica-para-el-tratamiento-de-datos-censales-y-parroquiales/).
O profesor Dubert informará ós asistentes das distintas interpretación ofrecidas dende o ámbito histórico ó avellentamento poboacional europeo, das controversias que houbo arredor da nuclear hardship hypothesis e as súas implicacións historiográficas, da natureza e forma que asumiu a asistencia social e familiar á vellez, do grado de autonomía social e residencial do que gozaron as persoas maiores na sociedade europea do Antigo Réxime, das implicacións económicas, sociais e culturais derivadas da convivencia interxeneracional, das consecuencias que implicaba o espesor ou a febleza das relacións paterno-filiais, etc.