Participación no congreso Rural History 2019

A European Rural History Organization convoca este ano o seu encontro científico entre o 10 e o 13 de setembro en París. Nesta ocasión, a dirección do encontro recae na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París. O Grupo de Investigación en Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela estará representado pola catedrática Ofelia Rey Castelao, que participará en dúas sesións (109. “Men Alone: Bachelors and Widowers in Rural Europe from the 16th to the 19th Century” y 1101. “The introduction of colonial products in the European countryside: A consumer revolution?”) e por Rubén Castro Redondo, bolseiro posdoutoral, que moderará e participará no panel 702 (“Rural work and commensurability issues in colonial situation: Contracts, social rights, standards of living: first half of the 20th century”).
Máis información en: http://ruralhistory2019.ehess.fr/