
Autor de ducia e media de libros, de máis de corenta artigos publicados en trinta revistas diferentes e de numerosos capítulos de libros e colaboracións en obras colectivas. As súas principais liñas de investigación son: as sociedades rurais nos séculos XVI-XIX; a cultura e vida cotiá; os mosteiros e pazos na Galicia Moderna e a análise da rede parroquial e clero rural.
Até o presente, dirixiu oito teses doutorais e foi investigador principal en nove proxectos de investigación.
Director do Departamento de Historia II (Medieval, Moderna e Contemporánea) de 1990 a 2001; Vicepresidente da Fundación Española de Historia Moderna de 2002 a 2006; membro da Comisión de Patrimonio do Consello da Cultura Galega; investigador titular do Instituto Pai Feijoo de Estudos do Século XVIII e académico numerario da Real Academia Galega.
Publicacións
-
Casas hidalgas de la Galicia interior: contribución al estudio de la hidalguía de pazo, siglos XVI-XIX
Rodríguez Palmeiro, Iago- Ano: 2021
- Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2021.
-
A unha voz na metade do reino: Cincocentos anos da Xunta de Melide
Saavedra Fernández, Pegerto (edit.)- Ano: 2021
- in Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega & Parlamento de Galicia, 2021.
- Páxinas: 289
-
“Entre la teología y la labranza: el clero rural galiciano en los siglos XVI-XIX”
Saavedra Fernández, Pegerto- Ano: 2021
- in Cuadernos de Historia Moderna, 46, 2 (2021), pp. 441-486.
-
“A Xunta de Melide vista cincocentos anos despois”
Saavedra Fernández, Pegerto- Ano: 2021
- in A unha voz na metade do reino: Cincocentos anos da Xunta de Melide, editado por Pegerto Saavedra, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega & Parlamento de Galicia, 2021, pp. 24-45.
-
La opulencia de los hijos de san Bernardo. El Císter en Galicia, c. 1480-1835
Saavedra Fernández, Pegerto- Ano: 2021
- Universidad de Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza, 2021. ISBN 9788413401751
- Páxinas: 494