Ir ao contido principal

Premios de Investigación “Doctora de Alcalá” á Excelencia Investigadora 2022 (Programa Propio UAH, 2022)

                                                   

Estes premios teñen como finalidade fomentar e recoñecer a excelente investigación entre as mulleres, dando visibilidade ao traballo que desenvolve este colectivo a nivel nacional.  Poderán presentar a súa candidatura as mulleres investigadoras que estean en servizo activo e estean adscritas a centros e/ou empresas de investigación, públicas ou privadas, que teñan a súa sede en España, e cuxa finalidade estea relacionada coa I+D+i.

Convocante: Vicerreitoría de Investigación e Transferencia da UAH
Data de inicio: 05/07/2022 – Data de fin: 15/09/2022
URL: https://www.uah.es/es/investigacion/area-de-investigacion/programa-propio/Premios-de-Investigacion-UAH-2022/

Máis información:
As candidaturas deberán ser presentadas polos investigadores que opten ao premio; por centros relacionados co I+D+i aos que estean ou non adscritos os candidatos; por unha unidade pertencente a ditos centros, ou por un grupo de investigadores.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de setembro de 2022.
Para máis informacións e dúbidas:
– Mª. Ángeles Rubiales – Servizo de Xestión da Investigación
– Correo electrónico: mangeles.rubiales@uah.es
Contacto: vicer.investigacion@uah.es