Ir ao contido principal

Presentación do libro “Cultura letrada e alfabetización no Baixo Ulla”

O libro Cultura letrada e alfabetización no Baixo Ulla é o resultado dunha investigación desenvolvida pola súa autora baixo a dirección da catedrática Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna. Nesta obra abórdase a escolarización dos nenos e a alfabetización de adultos entre os séculos XVIII e XIX na comarca do Baixo Ulla, que se correspondía co que hoxe son os concellos de Valga, Pontecesures, Dodro, Padrón, Rianxo, Rois e Teo.

O Concello editou 500 exemplares do libro, que distribuirá e comercializará Editorial Galaxia. Poderán adquirirse en librarías a partir do día da presentación.