Publicación de “Dimensiones del Conflicto: Resistencia, Violencia y Policía en el mundo urbano”, libro no que participan membros do GIHM

Acaba de sair á venda o libro Dimensiones del Conflicto: Resistencia, Violencia y Policía en el mundo urbano, editado por Tomás A. Mantecón, Marina Torres Arce e Susana Truchuelo García. Neste traballo, publicado pola Universidade de Cantabria, hai diferentes achegas de investigadores vinculados á USC, como Francisco Cebreiro Ares, membro do GIHM, co capítulo “El doble movimiento y el hambre: la reconstrucción del orden frumentario en Santiago de Compostela y su comarca ante la crisis de 1769”.
Sinopse:
Dimensións do conflito: resistencia, violencia e policía no mundo urbano ofrece unha galería de expresións do conflito e formas de recompoñelo en diversos contextos, entre o Antigo Réxime e as sociedades liberais. A perspectiva transfronteiriza e comparativa que se adopta neste traballo ofrece un panorama contrastado sobre as concrecións do conflito e a orde, sobre os factores, discursos imaxinarios e os actores que participaron nos procesos de cambio histórico mediante resistencia, violencia e a policía nos espazos urbanos deste amplo período histórico. Cun enfoque multidisciplinar, este libro ábrese, deste xeito, a unha reflexión global sobre o conflito, a disciplina e a paz pública nas cidades; considera un marco espacial amplo que conecta experiencias europeas e outras de Asia e América e, ao mesmo tempo, ofrece unha visión diacrónica, que analiza as transicións cara á modernidade.
Enlace externo: https://www.editorial.unican.es/libro/dimensiones-del-conflicto-resistencia-violencia-y-policia-en-el-mundo-urbano