“A Galicia de principios do XVI: situación xeral do país, vías de comunicación, rede e xerarquía urbana”
Ano: 2021
en Pegerto Saavedra (ed.), A unha voz na metade do Reino. Cimcocentos anos da Xunta de Melide, Santiago, Parlamento de Galicia-Consello da Cultura Galega, 2021, pp. 202-228.DOI: 10.17075/vmrxm.2021.008
URL: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2021_A-unha-voz-na-metade-do-reino_pp202.pdf

O traballo constitúe unha contextualización histórica sobre o territorio do reino de Galicia nas primeiras décadas do século XVI, en tempos da celebración da Asemblea ou Xunta de Melide (1520), analizando aspectos como a imaxe que os forasteiros tiñan de Galicia naquel tempo, as escasas e deficientes vías de comunicación, ou a súa débil densidade de poboación e rede urbana, entre outras cuestións.