“Angelo Trento, «Dovunque é un italiano la é il tricolore. La penetrazione del fascismo tra gli immigrati in Brasile»”
Autores: Prego González, Santiago
Ano: 2008
Il bollettino di Clío. Periodico dell'associazione Clío '92, Año 9, Número 26, pp. 3-4.
Breve reseña bibliográfica do artigo realizado por Angelo Trento sobre a actuación do fascismo italiano en Brasil. A obra analiza a instrumentalización dos inmigrantes por parte da propaganda oficial co obxectivo de difundir a mensaxe oficial e o desexo de Mussolini por crear un patriotismo italiano fóra das súas fronteiras nun clima internacional de crecente tensión. Un estudo que se centra en diversos aspectos como a linguaxe, os medios de comunicación e as formas de interacción social como canles de manipulación ideolóxica e promoción do discurso hexemónico. A reseña enmárcase dentro das actividades realizadas por un grupo de investigación de didáctica da historia da Universidade de Bolonia.