Cartografía digital de Galicia en 1753: Jurisdicciones, provincias y Reino
Autores: Rubén Castro Redondo
Ano: 2019
Santiago de Compostela, Ed. Andavira, 2019.
Páxinas: 301

Rubén Castro Redondo é autor da monografía recientemente publicada e que leva por título CARTOGRAFÍA DIGITAL DE GALICIA EN 1753: Jurisdicciones, provincias y Reino, Andavira Editora, Santiago de Compostela, 2019.
O traballo, que finalmente ve luz editorial, foi o resultado dun dos obxectivos comprometidos no Proyecto de Investigación CULTURBAN: Culturas Urbanas en la España Moderna (HAR2015-64014-C3), a través do Subproyecto 3, Las ciudades interiores en el Noroeste Ibérico. Dinámicas e impacto en el espacio rural (siglos XVI-XIX) (HAR2015-64014-C3-3-R): o de realiza-la cartografía da administración territorial no Reino de Galicia segundo a información contida no Catastro de La Ensenada (1749-1753).
Unha das novidades da edición é a posibilidade de acceder á cartografía administrativa do Reino de Galicia en 1753 de maneira dixital, de modo que calquera lector poida consultar online dito contido e tamén calquera investigador poida interactuar con tódolos materiais descargables para, de se-lo caso, elabora-los seus propios mapas a partires do aquí proposto. Neste último caso, debe terse en conta que a autoría dos materiais dixitais está protexida por unha Licencia Creative Commons de Recoñecemento.
Na seguinte ligazón pódese acceder á páxina web de dita obra:
https://galiciadigital1753.wixsite.com/proyecto