Ir ao contido principal

Publicacións

“‘De crezida edad y con achaques’: vejez y grupo doméstico en las sierras sudorientales gallegas a finales del Antiguo Régimen”

Autores: Fernández Cortizo, Camilo

Ano: 2006

Semata. Ciencias Sociais e Humanidades 18, pp. 307-331.

Palabra clave: Catastro de Ensenada (1752-1753), Censo de Floridablanca (1787), censo de 1860, Terra de Trives, vellez, grupo doméstico, asistencia familiar

Arquivo

O presente artigo analiza o proceso de envellecemento entre mediados do século XVIII e mediados do XIX e as fórmulas de asistencia á vellez na Terra de Trives, unha comarca de montaña ourensá, a finais do Antigo Réxime. A súa poboación anciá, que a mediados do XVIII ten tan só un peso demográfico modesto (8,4%), presenta, en cambio, un acusado protagonismo familiar. Investidos da autoridade ata a súa morte, os maiores de 60 anos eran tamén os propietarios das explotacións agrícolas máis extensas e, así mesmo, estaban á fronte e vivían nos fogares de maior tamaño e complexidade, en compañía  a miúdo dos seus cónxuxes e máis frecuentemente dun ou dous fillos e, a falta destes, de irmáns e sobriños que lles prestaban, por tanto, axuda laboral e asistencia ata idades avanzadas.

Máis publicacións de: