“¿De villa a ciudad? La conversión de las villas gallegas en capitales municipales (1750-1850)”
Autores: Sixto Barcia, Ana María & Suárez Golán, Fernando
Ano: 2013
in Ferreira, A. et al. (Coord.), I Congresso Histórico Internacional As Cidades na História: População. Cidade Moderna, vol. III, 2, Guimarães, Câmara Municipal de Guimarães, pp. 147-168.
Palabra clave: vila, Galicia, estrutura urbana, municipio, Antigo Réxime, Réxime Liberal.
As vilas tradicionais, que o eran só de nome e por ter algúns servizos identificables coas funcións urbanas -xulgado, cárcere, escola, etc- convertéronse en capitais municipais coa chegada do réxime liberal. Esta transformación supuxo a implantación dun pequeno grupo administrativo, o reforzamento da condición de cabeceiras de comarca, o aumento do comercio, etc., co consecuentes crecemento demográfico e cambio social. Entre 1750 e 1850 pódese comprobar a evolución positiva da poboación e o impacto da conversión das vilas galegas en capitais municipais. Neste sentido, seleccionáronse unha serie de vilas para comprobar o desenvolvemento do proceso tanto no interior -Arzúa e Melide- como na costa -Padrón e Rianxo- do noroeste peninsular. Estas pequenas poboacións, en tanto que capitais, foron as primeiras en ser dotadas con escolas públicas e en ser beneficiadas coa chegada de información -prensa, boletíns oficiais- grazas a que normalmente se impuxo alí unha delegación de correos. A información e a mellor formación seguramente tiveron unha parte de responsabilidade no cambio socio? demográfico destes núcleos que en Galicia foron e son esenciais, a falta dunha rede urbana ben estruturada.