Ir ao contido principal

Publicacións

“Del noroeste español a América: oportunidades y medios de fraude y de corrupción”

Autores: Rey Castelao, Ofelia

Ano: 2013

e-Spania. Revue interdisciplinaire d´études hispaniques médiévales et modernes CLEA, París-Sorbonne, 16.DOI: 10.4000/e-spania.22854

Palabra clave: monarquía española, Galicia, América, fráude fiscal, corrupción, contrabando, comercio

URL: http://e-spania.revues.org/22854

Este artigo é unha síntese da relación entre Galicia, unha rexión situada no Noroeste español, e América. Galicia tivo relación oficial con América entre 1522 e 1529 a través da Casa da Contratación aberta na Coruña; entre 1529 e 1573 dous portos podían enviar barcos a Indias; desde 1764, A Coruña converteuse en base dos Correos Marítimos cara a América. Estes períodos de contacto legal deron ocasión para a fraude fiscal; pero a fraude e as prácticas de corrupción foron máis intensos nos outros períodos: os barcos chegaban ilegalmente desde América para non pagar impostos en Sevilla ou en Cádiz e o contrabando de produtos brasileiros desde Portugal a Europa era intenso. Na segunda parte, este artigo explica os casos de corrupción cometidos polos galegos que tiveron cargos civís ou eclesiásticos en América; pero eles non foron numerosos, de modo que os grupos poderosos de Galicia reclamaron ao rei un maior protagonismo, é dicir, maiores oportunidades de obter unha parte das riquezas de América.

Máis publicacións de: