Ir ao contido principal

Publicacións

“Eglise, Monarchie, mariage et control social dans la Galice rurale, XVIIIe-XIXe siècles” 

Autores: Dubert, Isidro

Ano: 2009

Annales de Démographie Historique, 2, pp. 101-121

Palabra clave: matrimonio, esponsorio, muller, ilexitimidade, conflito matrimonial, tribunal eclesiástico

Arquivo

A finais do século XVIII, é posible apreciar un cambio significativo no funcionamento dos tradicionais mecanismos de control social e familiar que incidían sobre o universo prenupcial da Galicia interior. Un cambio concibido no seo dunha sociedade rural tradicional, onde factores tales como a redimensión dos esponsorios ou a liberación da autoridade paterna da tutela eclesiástica a mans do regalismo borbónico, propiciaron nas comunidades campesiñas da zona un rápido reaxuste das vellas lóxicas prenupciales ás novas regras do xogo impostas pola lexislación real. Detrás da aparición desas novas regras do xogo había un Estado Moderno preocupado por conseguir a secularización dos conflitos sociais xerados polos comportamentos matrimoniais e sexuais da poboación. Na Galicia rural, paradoxalmente, a forma na que se materializou esa preocupación do Estado a nivel local, supuxo o fin do estancamento secular e posterior ascenso da ilexitimidade.

Máis publicacións de: