“El cabildo y los canónigos de la catedral de Oviedo en la Edad Moderna. Un repaso por la historiografía reciente y una propuesta de investigación”
Autores: López, Roberto J.
Ano: 2010
Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 22, pp. 131-155.
Palabra clave: Idade Moderna, catedral, cabido, Asturias, Oviedo
O cabido da catedral de Oviedo desempeñou un papel relevante na vida da cidade e do Principado nos séculos da Idade Moderna. No entanto, o interese da *historiografía modernista por esta institución e os seus membros foi escaso, especialmente se se compara a produción concernente ao cabido asturiano coa dedicada a outros capítulos hispanos. A finalidade primeira do artigo é a de pasar revista á produción da que se dispón; en segundo lugar, repasar de modo máis detido os resultados e información bibliográfica da que dispomos sobre dous aspectos básicos, a composición numérica do cabido e en relación con esta, a procedencia social dos seus cóengos; e por último, esbozar un posible programa de investigación sobre a institución cabido e os seus integrantes.