Ir ao contido principal

Publicacións

“El mundo rural”

Autores: Saavedra Fernández, Pegerto

Ano: 2012

in Dubert, I. (Ed.), Historia de la Galicia Moderna, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 151-216.

Palabra clave: campesiñado, comunidades de aldea e parroquia, montes comunais, economía campesiña, foros, conflitividade rural, Galicia, séculos XVI-XIX.

Desde mediados do século XVI, conforme se difundía entre as elites o modelo do “home moderno”, os campesiños galegos foron definidos por trazos negativos, convertidos en tópicos de longa vixencia. No entanto, as realidades demográficas e económicas son bos argumentos para combater eses tópicos, que tamén foron utilizados como “armas dos débiles” polos propios campesiños para defenderse fronte ás esixencias señoriais ou da administración real. A vida das familias rurais non pode entenderse á marxe da organización comunitaria, en aldeas e parroquias, moi vigorosa en Galicia, e que explica en boa medida a fortaleza histórica de que deu amplas mostras o campesiñado ao longo da idade moderna e contemporánea, na loita para consolidar os dereitos de propiedade, que lle outorgaba en foro, na resistencia ao pago das cargas señoriais e de novos dezmos, e no rexeitamento contundente de “agresións externas” que afectaban o aproveitamento de determinados recursos (os montes comunais, no caso da fábrica de Sargadelos) ou supuñan unha intromisión súbita na vida local pola vía fiscal (as reformas de Lerena, que suspendían os encabezamentos das rendas provinciais e gravaban os centos de feiras, na súa maioría rurais).

Máis publicacións de: