“El patrimonio y los ingresos de la Iglesia en la España de finales del Antiguo Régimen”
Autores: Saavedra Fernández, Pegerto
Ano: 2009
in Bodinier, B; Congost, R. & Luna, P.F. (Eds)., De la Iglesia al Estado. Las desamortizaciones de bienes eclesiásticos en Francia, España y América Latina, Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza (Biblioteca de Historia Rural), pp. 45-76.
Palabra clave: igrexa, clero secular, clero parroquial, dereitos de padroado, mosteiros, conventos, propiedade da terra, dezmos, foros, censos, arrendos, xestión de patrimonios, Antigo Réxime, España.
A igrexa do Antigo Réxime percibía ingresos de fontes moi variadas, de aí a dificultade de realizar unha avaliación aproximada de todas as súas entradas, e polo mesmo a necesidade de non quedar en estudos parciais, xa traten da propiedade da terra ou do dezmo. Ademais, é necesario tomar en consideración a propia diversidade interna do estamento eclesiástico, e as diferenzas territoriais que se aprecian entre as dioceses, por exemplo a próposito da participación dos curas de almas nos dezmos, considerable nunhas e nula noutras. A fragmentación interna do estamento eclesiástico obriga tamén a establecer matices, no que a fontes de ingresos refírese, non só entre seculares e regulares, senón entre monxes e frades, relixiosos e relixiosas, bispos, cabidos, curas de almas (sexan ou non “párrocos”), capeláns e patrimonistas. Por outra banda, á hora de analizar a condición da Igrexa como “propietaria” non se pode esquecer que nuns casos o era unicamente do directo dominio e noutros da propiedade plena, e que por tanto as formas de explotación dos grandes patrimonios variaban desde a cesión mediante foros en Galicia á xestión directa, moi estendida en Andalucía.