“El reino de las apariencias: el consumo conspicuo de la hidalguía gallega en la Edad Moderna”
Autores: Sobrado Correa, Hortensio
Ano: 2007
Noroeste. Revista de História, III, pp. 455-483.
Palabra clave: consumo conspicuo, cultura material, fidalguía, Galicia, Idade Moderna

A influencia social e poder da pequena nobreza galega tiña a súa expresión máis visible nunha serie de manifestacións externas da súa categoría social: construción de ostentosos pazos e casas fortes con estancias ricamente decoradas, mobiliario suntuario, moitos servidores, luxosa indumentaria, farturentas comidas, etc. O obxectivo do traballo é facer unha aproximación ao denominado -consumo conspicuo- da fidalguía galega na Idade Moderna, e observar en que medida a forma de vida desta elite era algo illado, ou ben se os pazos actuaron de “focos difusores da civilización” nas aldeas.