Ir ao contido principal

Publicacións

“El sistema dotal en tierra de mejora en la Galicia del Antiguo Régimen”

Autores: Sobrado Correa, Hortensio

Ano: 2010

in Lobo Araujo, M. & Esteves, A. (Coords.), Tomar estado: dotes e casamentos (séculos XVI-XIX), Braga, CITCEM, pp. 11-32.

Palabra clave: Dotes, estratexias matrimoniais, Galicia, Idade Moderna

O obxectivo deste traballo é analizar as características do sistema dotal galego en terras de mellora durante a Idade Moderna, o cal supón centrarse no verdadeiro Reino da familia troncal e do sistema de herdeiro único na Galicia da época: a antiga provincia de Lugo, e particularmente o interior lucense. No transcurso do Antigo Réxime o predominio dunha familia troncal e dun sistema hereditario ríxido, determinan de forma importante as características do sistema dotal en terras lucenses. A nivel evolutivo, cabe destacar que o sistema dotal non foi estático, senón que evolucionou en estreita relación coas mutacións experimentadas pola conxuntura socio-económica lucense, mostrando certas transformacións tanto na estrutura ou tipoloxía dos dotes como na  composición dos bens que estas engloban.

Máis publicacións de: