Ir ao contido principal

Publicacións

“¿En Galicia, el hambre entra nadando? Rogativas, clima y crisis de subsistencias en la Galicia litoral sudoccidental en los siglos XVI-XVIII”

Autores: Fernández Cortizo, Camilo

Ano: 2005

Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 17, pp. 259-298.

Palabra clave: Pontevedra, A Lanzada, O Morrazo, séculos XVII-XVIII, rogativas, clima, colleitas, crise de subsistencia

Arquivo

O dito “en Galicia a fame entra nadando” xustifícase na época moderna polo feito de que a maior parte das malas colleitas son causadas por chuvias excesivas e continuas, sobre todo nos meses estivais. En consecuencia, o presente traballo trata de analizar a través das rogativas celebradas na cidade de Pontevedra de 1586 a 1783, as relacións entre as variacións do tempo, as colleitas e a mortalidade en dúas xurisdicións litorais, a da Lanzada e a do Morrazo, próximas á vila pontevedresa, onde as rogativas “pro serenitate” duplican en número durante os séculos XVII e XVIII ás cerimonias “pro pluvia”.

Máis publicacións de: