Ir ao contido principal

Publicacións

“Entre a familia e a devoción: unha aproximación histórica á onomástica na comarca eumesa (séculos XVII e XIX)”

Autores: Castro Díaz, Beatriz

Ano: 2011

Murguía. Revista Galega de Historia, 23/24, pp. 53-71.

Palabra clave: familia, devoción, onomástica, Eume.

Son múltiples os indicadores que poden aproximarnos ao estudo da difusión das devocións populares e da repercusión das reformas introducidas no seo da Igrexa católica tras o Concilio de Trento (1545-1563). A onomástica, considerada como un destes elementos indicativos, será a empregada neste traballo, por unha banda, para coñecer os cambios e permanencias, é dicir, as tendencias xerais da devoción relixiosa entre os fregueses da comarca eumesa desde finais do século XVII até comezos do XIX, e, por outro, para tentar explicar as causas destas transformacións ou pervivencias.