“Fiscalidad y agricultura en la España Moderna”
Autores: Saavedra Fernández, Pegerto
Ano: 2008
in Vallejo, R. (Ed.), Los tributos de la tierra. Fiscalidad y agricultura en España (siglos XII-XX), Valencia, Universidad de Valencia, pp. 265-301.
Palabra clave: fiscalidade real, alcabalas, sisas, economía campesiña, reformas borbónicas, catastros, monarquía española, séculos XVI-XVIII.
A incidencia do fisco real no mundo rural foi moito menos estudada que a derivada da renda da terra e do dezmo. Reviste, ademais, unha gran complexidade, en razón da variada natureza dos sistemas fiscais, cambiantes ao longo do tempo. Así, o fisco real castelán, a diferenza por exemplo do francés, acentuou durante a Idade Moderna o seu carácter urbano, polo que afectou sobre todo aos produtos comercializados en cidades e vilas, mentres os territorios ruralizados do norte e noroeste víronse, en termos relativos, cada vez máis desgravados. De prosperar a reforma da Única Contribución, a distribución territorial e social das cargas fiscais modificaríase substancialmente, en prexuízo dos campesiños e os rendistas. O que a monarquía borbónica fixera na coroa de Aragón, por mor da derrota do bando austracista, mediante os decretos de Nova Planta, acompañados da imposición dunhas contribucións gravosas, pagadas en boa medida polo mundo rural mediante a realización de padróns de riqueza (equivalente, catastro de Cataluña), foi significativamente incapaz de facelo en Castela desde mediados do XVIII, de aí o abandono do proxecto da Única na década de 1770.