Ir ao contido principal

Publicacións

Historia de Galicia. Ed. Nigratrea, Vigo, 2004, 191 p. (ISBN: 84-95364-22-0)

Autores: Hortensio Sobrado Correa

Ano: 2004

Palabra clave: Historia de Galicia, Sínteses, Cultura Galega

Neste libro o lector poderá encontrar unha breve sínteses da historia de Galicia, na que se trata de dar conta, dunha forma clara e concisa, do seu devir histórico, desde os primeiros asentamentos prehistóricos ata a actualidade, ofrecendo as principais claves demográficas, socioeconómicas, políticas e culturais necesarias para comprender as grandes líñas da súa evolución histórica, o que, en esencia, permite explicar a configuración da Galicia dos nosos días. Para lograr ditos obxectivos, nestas páxinas  pásase revista aos momentos máis significativos do proceso, prestando atención tanto aos grandes acontecementos e personaxes relevantes, como ás masas anónimas, verdadeiras protagonistas, que ao longo de séculos contribuíron a forxar a historia dun pobo, como o galego, con grandes continuidades en consonancia coa evolución do conxunto do ámbito peninsular e europeo, pero tamén rico en singularidades propias, que contribúen a definir as especificidades da cultura galega.

Máis publicacións de: