“Identidad parroquial y comunidad rural en la Galicia de la Edad Moderna”
Autores: Sobrado Correa, Hortensio
Ano: 2012
in Pérez Álvarez, M.J. & Martín García, A. (Eds.), Campo y campesinos en la España moderna, León, Universidad de León, 2012, pp. 705-718.
Palabra clave: parroquia, comunidade rural, Galicia, Idade Moderna
En Galicia, a pesar dos cambios demográficos, socioeconómicos, políticos e culturais experimentados no transcurso dos séculos XVI ao XIX, a rede parroquial gozou dunha gran estabilidade, en parte debido ás características do sistema beneficial. Emporiso, a pesar da súa solidez, a parroquia como institución comunitaria non foi inmutable. Precisamente, o obxectivo desta comunicación é reflexionar ao redor da traxectoria histórica da parroquia galega, a fin de comprobar a evolución das súas diversas funcións, ora como marco administrativo, ora como ámbito de sociabilidade e de identidade.
O emprego combinado e cruzado de fontes de variada tipoloxía, permitiranos ter unha idea máis clara da veciñanza que se atribúe ou se atribúen a si mesmos os campesiños (aldea, parroquia, xurisdición, concello…), o que nos achegará valiosas pistas acerca de como se xeraron e reforzaron os procesos de identidade parroquial, e mesmo, que factores favorecéronos.