Ir ao contido principal

Publicacións

“La comercialización de las rentas agrarias en la Galicia del Antiguo Régimen”

Autores: Saavedra Fernández, Pegerto

Obradoiro de Historia Moderna, 17, pp. 245-275.DOI: 2008

Palabra clave: rendas agrarias, mercado cerealeiro, mosteiros, nobreza, economía campesiña, Galicia, Antigo Réxime

URL: http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/view/456/0

Arquivo

Na Galicia do Antigo Réxime as institucións eclesiásticas e a nobreza cobraban enormes cantidades de rendas de cereais e viño en concepto de foros, arrendos e dezmos, que poderían abastecer unha cidade de polo menos 200.000 habitantes. Pero dado que a poboación dos núcleos galegos de 1.000 ou máis persoas non chegaba en l750 aos 60.000
efectivos demográficos, os mercados urbanos non podían absorber o groso das rendas que pagaban os campesiños, e como tampouco había unha exportacións regular de produtos agrarios hai que preguntarse polo destino final das rendas dos contratos agrarios e dos dezmos, estipuladas en especie, pero satisfeitas a miúdo en diñeiro, mediante un proceso de comercialización fragmentado e opaco. Á vez, as rendas, pagadas en boa  medida en numerario,  foron quizá o principal factor de *mercantilización” da pequena explotación campesiña.

Máis publicacións de: