Ir ao contido principal

Publicacións

“La conflictividad vecinal en la Galicia del Antiguo Régimen. Los conflictos por medidas y límites”

Autores: Castro Redondo, Rubén

Ano: 2013

in Serrano, E. (Coord.), De la tierra al cielo. Líneas recientes de investigación en Historia Moderna, Zaragoza, Institución Fernando el Católico, pp. 649-658.

Palabra clave: conflitividade, metroloxía, límites

URL: http://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/33/01/49castroredondo.pdf

Arquivo

As sociedades da idade moderna eran, esencialmente, conflitivas. Dentro desta problemática social propomos un estudo daquela conflitividade que ten como orixe o complexo mundo da medición na época moderna e, en consecuencia, os límites das cousas. Aínda que é un tema que non foi abordado na investigación, existen precedentes que nos deixan ás portas da súa análise. Quizais a obra máis representativa fose As medidas e os homes de W. Kula, aínda que houbo outros intentos similares, como o estudo de Whitrow sobre a concepción social do tempo.

A natureza dos conflitos obrígannos a acudir á documentación xudicial, pero non soamente: moita da conflitividade non chega aos tribunais (co que deberemos atender á documentación notarial) e outra, aínda chegando, finaliza sen sentenza xudicial, por acordos ou convenios entre as partes. Haberá que mergullarse igualmente en calquera outra documentación que nos axude á comprensión do sistema métrico antes da revolución do XVIII; así, os textos legais de concellos, como ordenanzas ou actas municipais, poden ser sumamente interesantes. Velaquí unha proposta de investigación e unha posta ao día do estado da cuestión.