“La mortalité en Galice, 1600-1850”
Autores: Dubert, Isidro
Ano: 1996
Annales de Démographie Historique, pp. 221-246
Palabra clave: taxas de mortalidade, crise de mortalidade, intensidade da mortalidade, Galicia rural, xeografía
Tratouse de establecer cal é o papel da mortalidade no seo do sistema demográfico de Galicia durante o Antigo Réxime. Desde esta perspectiva examináronse as características xerais da mortalidade, así como a súa cronoloxía, intensidade e natureza das distintas crises de mortalidade entre 1600 e 1850. Deste xeito realízase unha primeira aproximación ao declive da mortalidade en Galicia, aproveitando para comparar os seus resultados cos procedentes doutras áreas rexionais, tanto españolas como europeas, nun intento de completar o interese dos investigadores pola “xeografía da morte” na Europa da época moderna.