La opulencia de los hijos de san Bernardo. El Císter en Galicia, c. 1480-1835
Autores: Saavedra Fernández, Pegerto
Ano: 2021
Universidad de Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza, 2021. ISBN 9788413401751
Páxinas: 494
Resulta difícil atopar en Europa occidental un territorio no que o Císter alcanzase tanta presenza como en Galicia, onde se fundaron ou afiliaron a esta orde catorce mosteiros (todos masculinos, salvo un), algúns dos cales se contaban entre os máis ricos da Congregación da observancia castelá. Este libro aborda o estudo, na longa duración, da traxectoria das diversas comunidades bernardas, e faino dende unha perspectiva global, atendendo á súa natureza relixiosa e á súa condición señorial, e prestando atención ás súas relacións cos campesiños, de modo que o seu contido é tamén unha historia do mundo rural, dende a conflitividade derivada do señorío e do sistema foral á dinámica da economía campesiña e os cambios na paisaxe e nuns sistemas alimenticios condicionados pola apreciación cultural cambiante dos diversos cereais.