Ir ao contido principal

Publicacións

“La red parroquial y el clero rural en la Galicia de los siglos XVI-XIX: resultados de una investigación en curso”

Autores: Saavedra Fernández, Pegerto; Sobrado Correa, Hortensio & Presedo, Antonio

Ano: 2013

Obradoiro de Historia Moderna, 22, pp. 93-128.

Palabra clave: parroquia, comunidade rural, sociabilidade campesiña, identidade local, clero rural, Galicia, séculos XVI-XIX.

URL: http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/view/1140

Arquivo

Desde a Baixa Idade Media á actualidade a Galicia rural contou cunha malla de parroquias densa e extraordinariamente estable, que articulaba un hábitat de pequenos e numerosísimos asentamentos e que apenas se viu afectada polo extraordinario crecemento da poboación que se rexistra desde fins do século XV a mediados do XIX, nin polos proxectos reformistas posteriores aos concordatos de 1753 e 1851. Pero a rixidez formal do mapa de parroquias oculta cambios moi importantes no protagonismo que a institución vai adquirindo na vida local, debido a transformacións económicas e sociais, relixiosas e culturais. A vida parroquial intensifícase de modo notable despois de Trento, tamén nos aspectos profanos, porque a omnipresenza dos curas é compatible co vigor dunha sociabilidade multiforme, que leva aos campesiños a identificarse ante todo como veciños dunha determinada parroquia.