Ir ao contido principal

Publicacións

“La vida cotidiana de la fidalguía gallega en el interior de la provincia de Lugo. Las casas de Virigo (Navia de Suarna), Hermida y Moreiras (Quiroga). Siglos XVIII y XIX”

Autores: Rodríguez Palmeiro, Iago

Ano: 2012

in Pérez Álvarez, Mª J. & Rubio Pérez L. M. (Eds.), Campo y campesinos en la España Moderna. Culturas políticas en el mundo hispano, vol. 2, León, Fundación Española de Historia Moderna, pp. 1.497-1.515.

Palabra clave: inventario post-mortem, vida cotiá, fidalguía, mobiliario, vestimenta

URL: http://digital.csic.es/handle/10261/72792

Arquivo

Ao longo da presente comunicación exporemos unha síntese dos resultados obtidos tras o estudo do inventario post-mortem da fidalga galega dona Vicenta de Tormaleo e Pardo, realizado en 1856, con motivo da repartición dos seus bens entre o seu catro fillas. De todas as casas que se incluían nesta escritura (oito), cinguimos a análise a tres delas, por ser examinadas con maior profundidade nos nosos recentes traballos, e por tratarse dunha investigación en curso. Grazas aos datos que achega a fonte sinalada, poderemos comprobar as diversidades internas (económicas e culturais) deste grupo social, que podía englobar casas apenas diferenciadas do universo rural campesiño, e outras cuxa silueta se destacaba manifestamente do mesmo. Unha boa parte da súa imaxe social era proxectada a través dos interiores das estancias, que indicaban non só os gustos e modas imperantes, senón tamén o nivel económico das persoas que as habitaban.