“La vida en los pazos gallegos: entre la civilidad y la rudeza”
Autores: Saavedra Fernández, Pegerto
Ano: 2009
Chronica Nova, 35, pp. 163-191.
Palabra clave: fidalguía, baixa nobreza, pazos, patrimonios, vida cotiá, cambios culturais, literatura, Galicia, séculos XVII-XIX.
URL: http://revistaseug.ugr.es/index.php/cnova/article/view/1633/1828
Durante os séculos XVI e XVII a fidalguía ou baixa nobreza territorial galega consolidouse como un poderoso grupo rendista, o segundo en importancia despois do estamento eclesiástico. A manifestación máis visible do triunfo dos fidalgos foi a construción de centos de pazos ou palacios que hoxe poden observarse en diferente estado de conservación por toda a xeografía galega, e que constitúen, á beira dos inmobles relixiosos, unha parte fundamental do patrimonio arquitectónico de Galicia. A investigación histórica centrouse basicamente en analizar as orixes das casas fidalgas, os modos de constitución dos patrimonios e as estratexias da reprodución social. En cambio apenas se estudaron os modos de vida ou a “sociedade dos pazos”, polo que para tratar estas cuestións adoita acudirse á abundante literatura que desde fins do XIX recreou a decadencia da fidalguía. Neste contexto parece necesario contrastar os tópicos literarios coa realidade histórica, diversa e cambiante.