“Las cofradías en la formación religiosa y el control festivo en las parroquias de Galicia y el Norte de Portugal en Época Moderna”
Autores: González Lopo, Domingo L.
Ano: 2013
Obradoiro de Historia Moderna, 22, pp. 63-92.
Palabra clave: confrarías, Concilio de Trento, visitas pastorais, memorias paroquiais, rosario, Galicia, norte de Portugal
URL: http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/view/1015/1502
Neste artigo analizamos o papel das confrarías na pastoral trentina como canle de transmisión da doutrina e mecanismo de sacralización dos hábitos cotiáns e do calendario campesiño. Centramos o noso estudo no territorio noroccidental galego e do noroeste de Portugal durante o século XVIII, prestando atención ás semellanzas e diferenzas que existen entre ambos os espazos xeográficos.