“Las raíces del ejército borbónico: la perspectiva gallega”
Autores: Saavedra Vázquez, María del Carmen
Ano: 2012
in García Hurtado, M.R. (Ed.), Soldados de la Ilustración, El ejército español en el siglo XVIII, A Coruña, Universidade da Coruña, pp. 101-130.
Palabra clave: Guerra de Sucesión, Galicia, marina, terzos provinciais
A situación militar de Galicia durante a guerra de Sucesión constitúe o punto de partida deste artigo. Na súa primeira parte céntrase a atención no declive experimentado pola actividade naval e a deterioración das infraestruturas defensivas, mentres nun segundo apartado analízanse os problemas derivados da escaseza de soldados e a necesidade de recorrer ás milicias. Finalmente, nunha terceira parte trátase o proceso de concesión e recruta de terzos provinciais por parte das Xuntas do Reino.