“Les femmes seules du Nord-Ouest de l’Espagne : trajectoires féminines dans un territoire d’émigration, 1700-1860”
Autores: Rey Castelao, Ofelia
Ano: 2006
Annales de Démographie Historique, 112, pp. 105-133
Palabra clave: mulleres, Galicia, celibato definitivo, familia
URL: http://www.cairn.info/revue-annales-de-demographie-historique-2006-2-page-105.htm
Na Galicia do século XVIII case un vinte por cento dos fogares tiñan como xefe a unha muller, viúva ou solteira, pero ademais moitos outros estaban dirixidos temporalmente por mulleres en ausencia dos seus maridos, emigrados de forma estacional ou polianual. Neste artigo sintetízanse as achegas dunha ampla bibliografía e achéganse datos estatísticos e cualitativos que analizan os problemas e solucións desas mulleres desde unha perspectiva comparada.